18/3/10

Blog de Leer.es. Presentación

Desde o portal leer.es podedes acceder a esta e outras informacións que vos poden ser de axuda no labor docente.

16/3/10

A Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro

Poida que algúns de vós (fomos moitos) estivera este sábado en Santiago na xornada sobre "A Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro" na que catro conferenciantes presentaron os seus puntos de vista sobre o tema.

Jesús María Goñi Zabala, membro do departamento de Didáctica e Organización Escolar Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación San Sebastián: As competencias como eixe do currículo. A competencia matemática e a competencia lingüística, un exemplo de interrelación.

Pilar Pérez Esteve,coordinadora da elaboración dos currículos LOE do MEC de Educación Infantil e Primaria e de todas as linguas : A competencia lingüística como ferramenta de cohesión do centro educativo. Claves e recursos

Enric Custodio Fitó, profesor de Instituto de Bioloxía e Xeoloxía: Aprender unha materia aprendendo a comunicarse

Neus Sanmartí Puig: Ler e escribir para aprender áreas non lingüísticas. Falou de como un proxecto lingüístico de centro asumido como tarefa compartida da comunidade educativa, pode ser elemento mediador nos procesos de ensino e aprendizaxe: instrumento para resolver problemas,xestionar conflitos e tomar decisións e planificar o traballo de aula. Considera que ten que ser un proxecto a medio-longo prazo e que, para consolidarse, precisa un mínimo de tres cursos.

Foron 8 horas, que para un sábado chega, moi intensas. Para min o máis interesante, aínda que Pilar Pérez Esteve tivo unha intervención estupenda, foi o punto de vista de profesores de ciencias. Creo que transmitiron a necesidade de que todo o profesorado, tamén o de ciencias, se impliquen no que en Galicia se chama : PROXECTO LECTOR DE CENTRO

2/3/10

VINTE10

Vinte10, a nova aposta audiovisual do IES Fraga de Novio en Porto do Son.

Grazas aos amigos que mandades enlaces como este

RECOMENDO

Non deixedes de visitar a páxina do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.
Ten de todo: ideas, información, exposición de traballos do alumnado, enlaces co trabalo das aulas, outros enlaces interesantes para nós. Que máis?
Outro enlace que non deberíades perder, sobre todo os de secundaria, é caderno de lingua. Penso que alí podedes atopar os recursos, os enlaces, as propostas e a información para actualizar as nosas clases de lingua. Pode ser moi útil e moi distraído.
Por aí tamén podedes entrar a SON CINE, outra experiencia do IES de Porto do Son que deberíamos coñecer e aproveitar. Educamos e aprendemos tamén fóra das aulas.

Novo vídeo da coordinadora de ENDL

En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.