29/11/10

Paulo Feytor: Información paralingüística do texto, información do contexto.

A última sesión do curso, o mércores 1 de decembro de 2010, estará a cargo de Paulo Feytor Pinto é profesor de lingua de ensino secundario en Lisboa, asesor de formación do profesorado e Presidente da Associação de Professores de Português, APP.


Paulo Feytor colaborou en diversas actividades de formación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia:

Nas Xornadas: Unha Visión Europea do traballo por competencias presentou a ponencia: A Visión Portuguesa (Humanidades)

Desenvolveu o relatorio: Competencias orais: o que son, como se desenvolven e se avalian. No curso As competencias básicas: a competencia en comunicación lingüística.

No curso celebrado o cURSO 2009-2010 en Santiago, Competencia en comunicación lingüística: implicacións metodolóxicas desenvolveu o tema: Competências básicas do currículo de educação linguística


Informacións varias sobre a sesión de Antón Cortizas.













Na sesión do xoves, 25 de novembro, Antón Cortizas falounos de moitas cousas e, entre elas, de dous libros.
De "O home que prantaba árbores" de Jean Giono e de Bernardo Carpente e a "Gramática Insubordinada" do Obradoiro de Lingua Gianni Rodari.
Xogamos co Xerador de Discursos e informounos sobre Verbalia, a páxina de Marius Sierra no país dos verbívoros.
Cando me pase a presentación que fixemos entre todos, faréivola chegar.

24/11/10

ANTÓN CORTIZAS e a transformación lúdica dos textos

O xoves 25 de novembro, teremos como relator a Antón Cortizas Amado, mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega, din del na páxina de Xerais.
É mestre con experiencia, foi Asesor da área de lingua e na de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol e actualmente está destinado no IES de Canido. Participou en numerosos cursos e actividades de formación do profesorado. Sempre puidemos contar coa súa colaboración nos centros. Non quero esquecer o seu traballo como investigador e divulgador dos xogos tradicionais galegos.
Pola súa competencia como docente e como escritor temos garantida unha sesión amena e proveitosa.

19/11/10

CARLOS NEGRO: A LECTURA DE POESÍA OU COMO ABRIR UN KINDER SORPRESA

A seguinte sesión do noso curso, adicada a análise de diferentes tipos de textos, estará a cargo do poeta Carlos Negro que é licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa e profesor de Ensino Secundario desde o curso 1996-1997.

Ten colaborado en numerosos cursos e obradoiros de carácter literario, especialmente do ámbito poético;e tamén ten compartido a súa experiencia como poeta e docente con diversos colectivos por toda Galicia: profesorado, asociacións culturais, clubes de lectura, bibliotecas escolares, etc.

Autor dun poemario dirixido especialmente a lectores adolescentes: Makinaria. que ten unha excelente guía de lectura, de Rosa Salgueiro, que eu atopei no blogue CADERNO DE LINGUA, do nos compañeiro Román Cerqueiro, e aquí vos deixo o enlace aínda que xa o tendes enlazado desde a nosa bitácora.

Outra vez Finlandia

Neste mesmo blogue (eu prefiro bitácora, me encanta) colguei hai tempo(entrada 10 (1)) unha presentación sobre Finlandia, FINLANDIA, e logo? que me pasara unha compañeira e que considero interesante revisar. Non hai que botarllo todo enriba á escola, ao ensino; é a sociedade non seu conxunto a que determina os resultados.

17/11/10

CRISTINA NOVOA

Non hai nin que dicilo: lectura e bibliotecas están directamente relacionadas. Un curso sobre lectura que non contara cunha persoa experta en Bibliotecas, estaría imcompleto. Nós contamos, en Galicia, con dúas das persoas máis competentes do estado no tema de Lectura e Bibliotecas Escolares: Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
A sesión deste xoves, 18 de novembro, estará a cargo de Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares dos Servicios Centrais da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
É unha persoa próxima, á que todos coñecemos, pero non é doado contar con ela para un curso, porque está moi solicitada desde todas partes.
O traballo que levan adiante Pilar e Cristina está moi valorado fóra; espero que tamén nós saibamos valorar o que temos.
Para esta sesión, Cristina pasoume uns documentos moi interesantes e útiles que podedes consultar ou descargar desde aquí:
MATERIAIS DE CRISTINA NOVOA

10/11/10

CONSUELO ALLUÉ

Estes días Consuelo falounos de PISA e de PIRLS. Xa podedes consultar desde aquí algúns enlaces coas probas liberadas e tamén unha presentación de Xosé Graña Carrodeguas que vos pode ser de utilidade. Podedes tamén acceder aos materiais BLITZ do departamento de educación do goberno de NAvarra.

III Xornadas de Lingua.


Paréceme de moito interese para todos nós a información que nos aportaron os relatores destas terceiras Xornadas de Lingua e que vos deixo aquí enlazadas para que ppoidades, tamén, consultalas ou descargalas e, sobre todo, tirarlles un bo proveito.

5/11/10

En paralelo: Bibliotecas Escolares.

Non é información sobre o curso pero tamén é interesante e pertinente. É lectura.
Os días 29 e 30 de outubro celebráronse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. O lema desta cita foi VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA.
Podedes acceder á información desde a páxina de Bibliotecas Escolares.

4/11/10

ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN LECTORA -1ª e 2ª sesións

O proceso lector: implicacións mentais. A lectura eficaz: estratexias do lector experto

Estas primeiras sesións estarán a cargo de Consuelo Allué Villanueva, doutora en Filoloxía Hispánica e asesora de Lengua y Literatura Castellana e Lengua e Literatura Vasca do Centro de Apoyo al Profesorado de Pamplona, Navarra.

Consuelo enviou xa gran cantidade de material e bibliografíasobre o tema que vai desenvolver no seu relatorio e que podedes consultar e descargar desde aquí:

Lago Chad

Qué hacemos con la lectura

Clij Valores

El gato con botas

Explora leyendo

Bibliografía

MATERIAIS DEVERSOS DE APOIO AO PROFESORADO:

Competencias

Exemplos de actividades lectoras

Estratexias

Leer y escribir

Nueve maneras de enseñar a los niños a odiar la lectura