11/6/11

Entrevista a Antoni Zabala: ensino por competencias.

Pregunta no minuto 3 da entrevista: O actual modelo orgánico dos centros, é compatible cun traballo por CCBB? Escoitade a resposta.

Permitireime facer unha traducción (moi libre) e un estracto (aínda máis libre), do punto: "O saber escolar ao servicio do saber universitario", na idea clave 1, páx: 22 no libro de Antoni Zabala e Laia Arnau "11 ideas clave: cómo aprender y enseñar competencias"
[...] a concepción do sistema escolar como un percorrido de superación se etapas sucesivas condicionadas, cada unha delas, polas demandas da etapa superior [...] é, finalmente, o instrumento para a superación das probas de acceso á universidade"
Tamén vos podería interesar este traballo colaborativo: "Como trabajar los contenidos procedimentales en le aula" que está en google.books

7/6/11

Proxectos TIL, de Paco Díaz

Unha presentación interesante de Paco Díaz do CFR de Pontevedra sobre proxectos de Tratamento Integrado das Linguas (TIL)

2/6/11

Competencia en Comunicación Lingüística. Ana Basterra

La Competencia en comunicación lingüística. Ideas para trabajar en el aula on PhotoPeach

31/5/11

Escolma de textos sobre países árabes

Esta é unha escolma de textos ecollidos por min con enlaces e referencias á historia e ao presente dos países árabes dos que tratan estes libros. Só hai unha páxina sen correspondente texto literario que é a de Túnez, por ser o estado no que se iniciaron as revoltas da chamada "PRIMAVERA ÁRABE"
Haberá moita máis literatura e, ben cho sei, moita máis información. Espero que vos sexa de utilidade para empezar.
Hai un libro do que teño que poñer algo, aínda que non está situado nos países árabes, porque si, porque me peta, porque quero e dame a gana... "Harum y el mar de las historias" de Salman Rushdie

19/5/11

+ Educacion Documental

Na reunión do xoves 12, falamos de Educación Documental (como estaba previsto) e tamén divagamos, certo, pero sen sair do tema. Sonia aportou o enlace de GRITO POR VER LA LUZ, un proxecto de Gloria Traspas Martín coa colaboración de Lourdes Fernández que parte da lectura de Grito por ver la luz de Engebert Gresslcon para traballar contidos curriculares das áreas de lingua, xeografía e historia e que contén información moi interesante sobre o proceso de realización dun proxecto.

11/5/11

Máis sobre EDUCACIÓN DOCUMENTAL



10/5/11

Escatumbararibe

Escatumbararibé é un xogo de palabras con ritmo para aprender xogando.


Escatumbararibê

Zum Zum Zum

Escatumbararibê

Escatumbararibê

Escatumbatinga

Auê sarubê abá

Escatumbararibê

Escatumbatinga.

2/5/11

Por favor, compartídeo, espalládeo

Grazas a quen elaborou este vídeo, a quen o utilizou na súa páxina de facebook, no seu blogue, etc.

Nova Galega de Danza

27/4/11

Proxecto Interdiciplinar, Educación Documental, Proxectos de Investigación.,

Este mes, seica, teremos reunión de Bibliotecas co tema Proxecto Interdisciplinar, Educación Documental.
Presentación da Consellería de Educación.
Para ir facendo boca e ideas déixo aquí este vídeo e estes enlaces:

En Cataluña existe algo semellante, pero en Segundo de Bacherelato. É o que chaman: Treball de recerca
DEPARTAMENT D'EDUCACIÓ
DECRET 142/2008, de 15 de juliol, pel qual s'estableix l'ordenació dels ensenyaments del batxillerat.
Treball de recerca
Tot l'alumnat ha de fer un treball de recerca. Aquest treball, que ha de contribuir decisivament a assolir la competència en recerca, es computa entre les matèries de segon curs.
Hai tamén traballos sobre Educación Documental na rede, moito traballo teórico, publicacións moi interesantes,... pero non debemos esquecer que nós levamos moito feito moi interesante e moi práctico.

25/4/11

A que sabe a lúa ...

en Portugal???

25 de ABRIL, e ...

MENOS MAL QUE NOS QUEDA PORTUGAL!...


Hoxe é 25 de abril, aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal.
Antonte foi 23 de abril, Dia do Libro.
Coñecedes
"Vinte Cinco a Sete Vozes" ?, é un libro de Alice Vieira, xa ten anos, sobre o sentido que ten esta data para sete persoas de idades e condicións diferentes.
Coido que non está traducido ao galego, e poida que non sexa necesario -non deixa de ser un libro portugués sobre Portugal:a súa historia e o seu presente-, pero a min paréceme pertinente.
  1. Nós tamén padecimos unha longa dictadura, sería bo reflexionar e ver que ficou daquelo, que pensa (que sabe) a xente nova, e nós, os que eramos novos daquelas, e os nosos pais...
  2. É a historia recente do noso país veciño e irmán... non digo máis. Xa é vergoña, coñecermos todos as incidencias da Guerra de Secesión Norteamericada e non saber nada da Revolución do Cravos portuguesa.

15/4/11

Galiza co Galego


Desde Nova Escola Galega faise un chamamento á sumarse nesta iniciativa:
O movemento de Galiza co Galego necesita 152 apoios para chegar aos 3.000. Súmate para facer efectivo o dereito á educación en galego en : http://www.facebook.com/l/ae31bvJbnbfD9A7KMMSWKr433wA/limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html
www.facebook.com

5/4/11

PREXUIZOS

A través de CADERNO DE LINGUA
Tampouco teño máis que dicir, a imaxe xa o di todo.
Non deixedes de entrar na páxina e difundídea.

Indignádevos

INDIGNACIÓN: (do lat. "indignatio, -onis") Sentimento de cólera contra unha persoa provocado por unha acción inxusta o reprobable.
Eu diría que este sentimento se produce en resposta ao acto que atenta contra a nosa dignidade.

Este opúsculo de Stéphane Hessel poderíase medir en caracteres porque, con prólogo, notas e posfacio, eu teño na man un libriño de 47 páxinas. Pero deu pé a milleiros de páxinas en formato impreso e dixital, en todos os idiomas, por todo o mundo.

Hai tanto xa na rede que non teño nada novo que aportar:

  • No "Galicia Hoxe" do 30.03.2011, tamén se publica un artigo de opinión de Miguel Anxo Fernán Vello, en CADERNO ABERTO que titula: Hessel e Sampedro
  • Sobre este libriño e o prólogo de Xosé Luis Sampedro tamén hai unha páxina de Fírgoa da USC.
  • A min gústame especialmente a entrada no blogue ETIKELES da Biblioteca Escolar do IES Fraga de Novio, en Porto do Son.

3/4/11

"A Maior Flor do Mundo", um filme galego baseado num conto infantil de José Saramago

Edilim

Con respecto ao que preguntaba alguén de vós, en youtube hai dous vídeos sobre LIM /Edilim, que vos deixo aquí para que non teñades que buscalos.
Da biblioteca de EdiLim, podedes baixar actividades listas para aplicar ou baixades o programa para elaborar as actividades que vos interesen.
Primeiro:

Segundo:

29/3/11

PRENSA NA AULA

Teremos eleccións locais en breve e todo se nos vai en promesas e boas caras, porque as inauguracións xa están feitas. Os medios tradicionais súmanse tamén á pre-campaña. Pero hai outros medios aos que acudir:

Certo. es publica algunha nova para comentar na aula: Gaiolas de salmón: con nocturnidade e facendo oidos xordos á comunidade mariñeira.

INMIGRACIÓN E ELECCIÓNS:Para que sigamos utilizando a prensa e a actualidade nas nosas aulas enlazo esta nova de periodismo humano.com moi acaída neste momento: Manifiesto contra el uso demagógico y populista de la inmigración ante las próximas elecciones municipales


28/3/11

CURTAS: relatos en imaxes.

Unha animación. Un pequeno conto animado. Un relato en imaxe. Outro xeito de ler.
Podemos traballar a competencia en comunicación lingüística con este vídeo? E a comprensión lectora??

E a través de Román este enlace para o ENCONTRO AUDIOVISUAL GALEGO.

24/3/11

Portugal...

Para non perder o contacto, e por mor da situación en Portugal, unha entrada amistosa.
Xa coñeceredes, supoño o do grupo Deolinda: Parva que sou?? O grupo Homens da luta versiona este tema.

A mesma televisión portuguesa comentaba o tema nos seus informativos...

22/3/11

Rematou o curso

Rematou o curso, si. E nesta última sesión Román abriunos as portas (e deixounas abertas a través dun seu blogue: AULA LGL e co enlace ao blogue de Xano: ALGUNHAS APLICACIÓNS MULTIMEDIA) á posibilidade de mudar a metodoloxía, desenvolver as competencias e dar protagonismo ao alumnado facilitando a súa autonomía coa utilización das TIC. As tres ferramentas que nos presentou:
GLOGSTER: para facer cartaces dixitais
goAnimate: para facer animacións
IKIMAP: para traballar sobre mapas, facer roteiros, etc
Son só unha mostra do que se pode facer, sen esquecer, nunca, que as TIC son unha ferramenta para mellorar o noso traballo como docentes.
Eu, pola miña parte, seguirei traballando nesta bitácora e nela irei metendo o que considero de interese para todos nós, para o noso traballo e non só...

Moita sorte e bo ánimo.


TRAFEGANDO RONSEIS

Na sesión do xoves fedellamos na literatura coas TIC (e sen TIC) da man de Gracia Santorum. Hai moita xente que sabe de literatura, pero pouca que transmita a paixón, que comunique e aporte posibilidades e métodos de achegar a literatura ás aulas.
Centrou a nosa atención sobre os álbums, que marabilla, non si?. Non lles vedes moitísimas posibilidades? E canta razón ten en que non son tan doados de entender... Non sei, pero a min fanme pensar nas catedrais, nas igrexas que contan historias en pedra.
Nesta presentación ( que non é a que nos fixo Gracia) podedes ver algo sobre o tema dirixido, máis ben, a Primaria.
Gracia fíxonos ver que tamén en Secundaria se pode traballar cos álbums e que hai álbums para esa idade.
A miña recomendación é que sigades o seu blogue: TRAFEGANDO RONSEIS, onde sempre habedes de atopar libros e ideas.

18/3/11

Román Cerqueiro Landín. Sobre a primeira sesión

Mándame Román un correo no que me informa de que xa podemos consultar a presentación da súa primeira sesión: A integración das TIC na área de lingua e literatura.

Textualmente(eu tamén) escríbe Román: "Entre as ligazóns que hai na presentación, eu destacaría dous vídeos de Jordi Adell, especialmente o segundo, que define como nos debemos enfrontar ás TIC, tamén os docentes, para aprender a manexalas e innovar con elas no noso traballo. El fala de contornos virtuais de aprendizaxe e creo que é moi didáctico para os participantes en cursos como o noso xa que nisto das TIC grande parte da formación se fai desa maneira autodidacta.

Ademais, a seguinte reflexión de Xano tamén afonda nesa liña".
O vídeo está moi ben e moi clariño. A reflexión de Xano impresionante; coma o porco: aprovéitase todo. E a presentación de Román necesaria e pertinente.
Eu, coma sempre, recoméndovos que sigades o seu blogue e lle tiredes todo o proveito posible.

Segunda sesión do curso A LINGUAXE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Santiago Sobrino, relator desta sesión do 15 de marzo, achegounos á posibilidade de utilizar diversas ferramentas en rede.En concreto traballamos cos programas galegos EDILIM e ARDORA, e quedounos por mirar o programa de orixe catalán JCLIC, máis vello pero non menos útil. Con respecto a este último, eu recomendarái visitar a páxina de lapis de cores onde poderedes atopar un enlace para descargar e instalar o programa e tamén moitas actividades, xa feitas, que o voso alumnado pode utilizar directamente.

Deixounos un documento, que vos enlazo e podedes descargar aquí, con enlaces interesantísimos. Para descargar programas "libres", para utilizar actividades xa feitas, ou para facelas nós, titoriais para aprender a manexar estas aplicacións, e moito máis.

11/3/11

PRIMEIRA SESIÓN: UNHA REFLEXIÓN NECESARIA

Na sesión de onte Román Cerqueiro Landín fixo unha reflexión, atinadísima e moi necesaria, sobre a necesidade de mudar as nosas propias actitudes como docentes. As TIC son unha ferramenta de apoio ao cambio metodolóxico imprescindible.

As competencias básicas, a necesidade de traballalas desde cada área e como abordalas. A obriga que temos todos de actuar como mediadores para que o noso alumnado desenvolva a competencia de comunicación lingüística (Competencia), pero tamén a competencia de aprender a aprender, a competencia de autonomía e iniciativa persoal, competencia en tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá. E todas ellas sen sairse da área de lingua nin do PROGRAMA, PROGRAMA, PROGRAMA.


10/3/11

A LINGUAXE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe empezamos o curso: "A linguaxe das novas tecnoloxías" (non tan novas, que diría un compañeiro).
Este primeiro día contamos con Román Cerqueiro Landín, profesor de lingua e literatura galega e coordinador do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Porto do Son.
Moitos de nós seguimos o seu blogue: CADERNO DE LINGUA, blogue de aula de lingua e literatura galega.

Román ocupa a vice-secretaría d' A Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) formada por equipos de centros públicos, privados e concertados.

Participou como relator en varios cursos sobre este tema:

  • As bitácoras e o seu potencial educativo. O caderno de lingua

  • Os blogues como recurso de aula

  • Recursos da Web 2.0: elaboración dun blogue multimedia con Wordpress

  • O blog da biblioteca

  • Os blogs no desenvolvemento curricular

8/3/11

8 de marzo: día da muller traballadora.

Para non esquecer neste 8 de marzo ás mulleres, todas, que foron e son cada día protagonistas agochadas, déixovos aquí esta presentación que eu atopei no blogue de Gracia Santorum e Anxo Fernández Alonso: Trafegando Ronseis . Neste blogue, ao que podedes acceder desde esta entrada ou desde o menú, hai máis información e recursos.

4/3/11

A prensa

Ben está traballar coa prensa nas aulas e na Biblioteca. Na actualidade podemos consultar tamén toda a prensa dixital, desde a máis local (certo.es)
á máis global (periodismohumano.com), e non deixa de ser unha ferramenta para contrastar as informacións que chegan a todos os centros, queirámolo ou non, desde "La voz de Galicia".
Algúns centros teñen xa un acceso á prensa dixital:

http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/category/8/134/100

http://www.edu.xunta.es/centros/iesbrion/node/92

Eu, pola miña parte achégovos uns enlaces que xa coñeceredes, pero...

http://www.certo.es/

http://periodismohumano.com/

http://www.xornal.com/


Hoxe recoméndovos a lectura e debate sobre esta información aparecida en PERIODISMO HUMANO.

2/3/11

Alá foi VIEIROS e agora FLOCOS

Grazas á "profa" , a Mercedes Queixas e a Román Landín por manternos ao día.

Primeiro perdimos "ABERTO POR REFORMAS"
Desapareceu Vieiros, agora alá vai Flocos.
O noso goberno vai desmantelando todo o que cheire (arrecenda) a cultura galega
Que facer? Algo teríamos que facer, digo eu.

22/2/11

COMPRENSIÓN LECTORA

Como estamos a falar de lingua, de bibliotecas, da linguaxe das novas (ou xa non tan novas) tecnoloxías, de Proxecto Lector de Centro, ...
gustaríame compartir esta presentación de Cristina Novoa da que podemos tirar moitas e moi boas ideas.

21/2/11

Encontro de docentes e equipos pola normalización



Este é o correo que eu recibín e, tal cual, volo paso:
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.

16/2/11

Espazo Lectura

O Club de Formación Lectora, vai celebrar unha sesión arredor do libro "10 ideas clave: animación a la lectura" de Juan Mata, profesor de Ciencias da Educación da Universidade de Granada. Durante a sesión conversarán co autor do libro a través de videoconferencia.
Nos (cando menos eu) coñecemos a Juan Mata, da man de Cristina Novoa, naquelas memorables "Xornadas de Bibliotecas Escolares" do 2005 enamorámonos del, da súa palabra, aprendendo "Como mirar a la Luna"
É, logo, un vello amigo das Bibliotecas Escolares Galegas.
Tamén é o autor de varios libros imprescindibles para calquera persoa interesada en promoción da lectura.
Parabéns a Espazo Lectura.

10/2/11

Carta Xeométrica: Datos da docencia en galego na USC

Aínda que non son moi participativa, vou comprendendo xa o valor das redes sociais. Porque se Cgendl Coordinadora Galega Endl, non colgara esta información no seu facebook, e se Román Landín non o recollera e o compartira, eu non podería compartir desde aquí con todos vos, este artigo publicado no blogue: carta xeométrica.
Éche o que hai. Poderíamos reflexionar sobre o tema.

9/2/11

NOAL, SonCine, do IES de Porto do Son

Un traballo do alumnado de audiovisuais de 3º da ESO do IES de Porto do Son co fondo musical, moi axeitado, de Alexandre Ferreiro.

4/2/11

Belen Regueira nos Mestre Mateo

E desde a TABARRA DIXITAL, do IES d'Pobra do Caramiñal este vídeo, que xa ten tempo, pero é aínda moi actual.

Ray Bradbury en Muros

No blogue do IES Fontexería de Muros,entre outras cousas interesantes, podedes atopar esta presentación. Recoméndovos unha volta polo seu blogue.

19/1/11

CELTIC ROOTS, un proxecto multidisciplinar

Celtic Roots é un proxecto educativo Comenius de carácter multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de centros de Manchester, Bray e Nigrán.

18/1/11

A ESCOLA DAS AREAS

Recollín este vídeo dunha aportación (entre moitas) de Mercedes Queixas Zas en Facebook.
Paréceme moi oportuno e penso que merece difusión.

14/1/11

periodismo humano

Non ten moito que ver coas nosas actividades como docentes. Moito, moito non; pero máis do que pensamos.
O xornal dixital Periodismo Humano, que tamén nos podería ser de utilidade nas aulas, busca apoios para non ter que pechar.
Será cousa de cavilarmos un pouco no tema

10/1/11

Juan Carlos Moreno Cabrera - Lingüística y nacionalismo

Este é un vídeo relativamente antigo, pero pode ser de utilidade nestes tempos. Espero que vos guste e que lle tiredes proveito: