22/2/11

COMPRENSIÓN LECTORA

Como estamos a falar de lingua, de bibliotecas, da linguaxe das novas (ou xa non tan novas) tecnoloxías, de Proxecto Lector de Centro, ...
gustaríame compartir esta presentación de Cristina Novoa da que podemos tirar moitas e moi boas ideas.

21/2/11

Encontro de docentes e equipos pola normalización



Este é o correo que eu recibín e, tal cual, volo paso:
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.

16/2/11

Espazo Lectura

O Club de Formación Lectora, vai celebrar unha sesión arredor do libro "10 ideas clave: animación a la lectura" de Juan Mata, profesor de Ciencias da Educación da Universidade de Granada. Durante a sesión conversarán co autor do libro a través de videoconferencia.
Nos (cando menos eu) coñecemos a Juan Mata, da man de Cristina Novoa, naquelas memorables "Xornadas de Bibliotecas Escolares" do 2005 enamorámonos del, da súa palabra, aprendendo "Como mirar a la Luna"
É, logo, un vello amigo das Bibliotecas Escolares Galegas.
Tamén é o autor de varios libros imprescindibles para calquera persoa interesada en promoción da lectura.
Parabéns a Espazo Lectura.

10/2/11

Carta Xeométrica: Datos da docencia en galego na USC

Aínda que non son moi participativa, vou comprendendo xa o valor das redes sociais. Porque se Cgendl Coordinadora Galega Endl, non colgara esta información no seu facebook, e se Román Landín non o recollera e o compartira, eu non podería compartir desde aquí con todos vos, este artigo publicado no blogue: carta xeométrica.
Éche o que hai. Poderíamos reflexionar sobre o tema.

9/2/11

NOAL, SonCine, do IES de Porto do Son

Un traballo do alumnado de audiovisuais de 3º da ESO do IES de Porto do Son co fondo musical, moi axeitado, de Alexandre Ferreiro.

4/2/11

Belen Regueira nos Mestre Mateo

E desde a TABARRA DIXITAL, do IES d'Pobra do Caramiñal este vídeo, que xa ten tempo, pero é aínda moi actual.

Ray Bradbury en Muros

No blogue do IES Fontexería de Muros,entre outras cousas interesantes, podedes atopar esta presentación. Recoméndovos unha volta polo seu blogue.